top of page
Buscar
damianrodriguez191

O Doutor Elojonostein.

Actualizado: 24 jun 2022

Nun galpón dunha aldea da “Galisia” profunda, do que non quería acordarse, por que non habia autorizacion do concello, remataba o doutor Elojonon, unha das suas maiores creacions, o que seria sen dubida o “culmen” do cuñadismo, da interferencia, da molestia en definitiva de tocar os collons, por aficcion, ainda que cunha calidade e devocion propias dun monxe de clausura. A noite “nejra”, como as relacions cos seus veciños “Elojononstein”, home creativo e productivo en moitos ambitos, autodidacta en diversisimos ambitos, pero a su maior aficcion e sen dubida, pontificar, que na peninsula “Iberica” une a todolos cidadans, nunha irmandade moi superior a dunha irmandade Hippie.


-bueno, hombre bueno- bufaba o doutor- ¡cajo na palanca de un ente incorporeo, non definible¡- os anos na universidade das “comidillas” daballe un barniz “Intalactual”, ao creador do “Armastroste”, “artefacto”, “cacharro”, que pronto se todo ia ben, e se a toma do veciño collida “prestada” non tiña unha caida de tension, ia a deixar un legado para cando el faltare, e un recordo “pelmazo” a todolos seus semellantes, que non se diga que non tiña sentido “cinico” e comunitario. A palanca baixaba con dificultade, coa palanca en man, estiraba o brazo cara o tres en un, coma intentando escalar dende un precipicio,- cajo no neno de diola, -abueliño, abueliño ¿onde o deixo?-, por ahi se queres¡¡, pero deixame tranquilo¡¡- razonaba sen que servise de precedente o creador de “Elojononstein”, arrepentido de non haberlle dado amables instruccions ao seu adorable, ainda que “estomagante” neto, e de haberlle dito a sua filla de ¿por que non tiña a parelliña?. Alcanzou o bote e con unha forza sobrehumana, aplicou o 3 en 1 a palanca cedeu como a sua irma a hora da “mellora” ser- “constante” e unha gran virtud, pero ser “pelma”, e a ostia¡¡¡- rumiaba o cientifico que a medida que cedia a panca, cara abaixo, aumentaba o seu sadico e “arritimico” ritmo de respiracion, e como nunha partida de domino, todo caia polo seu propio peso, a panca , activa o circuito o circuito cae por estar mal pendurado na parede, o cable sale do cuadro como cual latigo “Malayo”, encendese a luz, e por ultimo e non menos importante o Doutor “Calderillas”, cai da Banqueta dende onde escalou para baixar a panca, -peores golpes levei na vida- rumiaba para si o doutor Galaico- mentres se erguia se sacudia…a bata (en que andarian pensando vostedes ¬¬).


Da camilla collida no sergas, tras estar ingresado o seu irman maior no “chuac”- coño ¿non collen os carritos do supermercado?- pensaba o noso paisano científico,mentres baixaba o ascensor coa camilla no que iba coa súa “dona”- desde luego Manoliño, eres un ordinario- aun si la cogieras de la clinica “Ruber”, que lo tenemos contratado- bueno, muller, bueno, vai por ahi- traia a furgoneta especializada en “sustraccions”, non estaba para lerias, bueno nunca suele estalo…


Ao que iamos que na camilla, como se tivera problemas coas varices, hormigueo nos pes, ou un avespa avelutiana na “entreperna”, o bicho, cobrou vida, ergueuse, sentouse na camilla,e rosmou con lentitude combinado cun bufido dos que non se escoitaban dende facia moitos anos no pueblo,- “Bueno, hombre, bueno”- a voz metalica, confundiase con rexe, rexe da camilla a punto de reventar- que mal esta a sejuridad social- rosmaba calderillas a par que sorria ante o culmen de toda unha vida de esforzos e traballos, - aos meus brazos, “Elojostein”- aparta de ahi, ou che meto unha ostia que te avio¡¡¡¡- “Calderillas”, estaba paralizado, como aquel dia que lle entraron 3 Albano-Kosovares na casa, retrocedeu, mirouno dende a distancia, observouno fixamente e rematou dicindo- bueno, hombre bueno, isto promete, senta na amaca da terraza coas gafas de Torrente da “mili” cun Orujo, satisfaccion do traballo ben feito, amencer alaranxado, temperatura morna- Que fai o can dos cojones, jodendome o parterre¡¡¡¡- desculpen o doutor Calderillas, acabar de observar un feito intolerable.



Prismáticos en man e tras unha “soneca” de tres horas, observa “inquisitivamente” a actividade do pueblo,- pero, pero,peroo, pero hombre¡¡¡, bueno¡¡¡- a punto de caerlle os prismaticos dende o atico da sua casa, vendo o “crego” como fogueaba a señora da Limpieza - je, iso eche “caridad” cristiana- pensaba para si mentres tragaba o Orujo, como se fose o ultimo que faria na sua vida, vendo que sempre e mais importante dar que recibir, seguindo a maxima cristiana, dou hasta chegar ao ceo….


No control poblacional calderillas como cual controlador de accesos, ve polo horizonte o repartidor do pan- botando un cigarro en horario laboral, jujuuj, cando llo dija ao seu jefe que amijo meu, xunta as cejas desfrutando mais cun neno nunha tenda de “chucherias”-, parece que estan por ahi o fillo da Manuela, mira o reloxo como se lle quedaran as chaves na casa despois de ir de caza- as seis da maña¡¡¡¡-, pero hombre, pero, perroo, “eterno impuntual”, foto de precision enviar ao seu pai- configurado asi para casos especiales, nos que Calderillas desfruta especialmente en tendo en conta que o pai do rapaz e Guardia Civil a bronca pode ir unido con sermon, ostia e quen sabe se multa por incumplimento da normativa de saidas nocturnas.


Pero o gozo do noso protagonista, cedeu o ruido do galpon, automaticamente preparado para responde en casos asi ¿ que fas ahi Enriquito?, ¿cajo en…?, tralo berrido e ser consciente de estar solo, correu cara o galpón coma escapando dun incendio provocado, o “ente” creado por el erguese da camilla, el mirouno, el ao noso protagonista, ollos lacrimosos, saltones, emocionados, cheos de de legañas..pero bueno eso xa coma todos, correu a abrazalo, entre sacho mal posto polo neto, golpes coas estanterias e o cortacesped, que se atopaba nunha posicion que o separaba, unha das suas maioires creacions, abrazouno- bueno, home, bueno, para quieto ostias¡¡¡- parou en seco, e sacando unha navalla- Nombrote como Elojononstein, contijo terei a miña continuacion, como pelma do pueblo, vaite meu fillo, vaite e desde este galpon, edificaras o “Cuñadismo”-.



Elojononstein avanza pola corredoira con gran impetu, bueno non, a 20 por hora, pero e que anda feito de Ferralla, non de acero dos Altos Fornos...que lle queren, a punto de chegar ao carretera comarcal, divisa ao repartidor de Gasoleo, mexando no arcen coas chaves do camion postas a ralenti, silbando unha cancion de moda, feliz repartindo e descargando non gasoleo, so vaciando o deposito, de supeto o temblor endexamais escoitado polo repartidor- ¿Que andas facendo?- unha voz metalica, herrumbrosa, penetrante ate o mais interior do cerebro humano, - ahh ¡¡¡, ahhh¡¡¡, ah¡¡¡¡, ostias, cae polo chan, o regato mezclado con esterco da finca adxacente, dando tres voltas en campana, correndo sen parar, sen a petrina sen cerrar, a vecina “Merceditas” - pois non era para tanto paquete do “Josiño”- sorrindo- tampouco perdin nada-. o “Ente” avanza lentamente, levando por diante a porta do camion,- por que era o que tocaba- dicia para si o bicho- co bruto que son e co medo que meto, ainda vou ter que dar a volta, ¡¡¡¡bueno¡¡¡, ¡¡¡si¡¡-.


“Elojononstein”, avanzaba cara o núcleo urbano de aldea, pasos lentos, pastosos, chapoteaba o barro que se pegaba as suas botas, como a “Nocilla” ao pan de mol,de, as portas das casas pechadas, os portalons cerrados, os cans atados, os gatos se agochan, as toupas se meten no profundo da codia terrestre, “Chanito” o dono do bar visitando ao señor Roca, non puido chegar a tempo para cerrar a porta do bar “Chanito”, por se alguen non se deu conta “Chanito” e o dono do bar, - unha cerveza hombre- esixe o “ente”, tras coller polo cuello a “Chanito”, -solta. coño- respondendo telegraficamente o “ente”- bueno, hombre- Chanito cae resbalando polo suelo recen fregado, dando voltas como un bailarin de danza moderna.


-Aqui che vai- lanza a cerveza con medo dende o fondo da barra, “chanito”, ollaba ao ente, como aquel dia que a muller o foi a buscar nun bar de carretera da nacional vi, mezcla de medo, preocupacion e incertidume do que poida pasar- o ente observa a botella, unha cara sorinte, que lle eleva unha mueca de sorriso, pero xa a letra “Cruzasco”,- pero¡¡¡, pero¡¡¡, pero bueno¡¡¡, unha “cruzasco”,- ollaba con ira ao dono do bar, os tornillos da cabeza botabanlle fume, os labios os mordia con angustia, os ollos desorbitados,- ¿pero ti de que vas, macaco?- en apenas tres pasos chegou onde chanito se escondia tralo hueco, da nevera con medo, protexido polo seu 1. 50 de estatura,- ¡¡¡non tiña outra¡¡¡, ¡¡¡non tiña outra¡¡¡- ¡¡¡non, non¡¡- o ente tralo outra lado da barra colleu a potencial victima, sacouno da sua “guarida”, e o bicho mirouno ladeando a cabeza varias veces, con unha inexpresiva cara- ¿enton non ma cobras, non?- ¡¡¡non¡¡¡, ¡¡¡non¡¡¡ o que queiras, pero deixame xa¡¡- mentres a 2 metros de altura “chanito” pataleaba, semellaba camiñar polo aire. - bueno, hombre bueno- mirou o stand que tiña enfronte dos seus tornillos e narices- dame un paquete de clinex- automaticamente e coa mirada fixa no stand, soltou o dono do bar, agachado corria trala barra doullo, a mediabarra agochado “chanito” observaba como “Elojononstein”, abandonaba o local, tras un tempo prudencial correu trala porta da entrada do local pechandoa con rapidez e dilixencia, respirou fondo saliu vivo de todo isto.



O ente avanza cara a rua principal do pobo, na finca paralela a sua vista cara a esquerda, o

“Josito”, cambiaba a linde dunha finca onde plantaba trigo o veciño, a punta de rematar a faena de cambio de posicions, oise ao longo do val un retumbo, unha voz que tiña doblada a sua potencia en herzios -¿Que tas faceeeendooo?- continuando o soliloquio - pois que vai facer- josiño miraba impresionando ante semellante ser aberrante, conformado por tornillos galvanizados, cara feita de caixa de laton, chaqueta para ir o mercado de abastos, pantalon de pana, calcetins de tela, e por ultimo e non menos importante un feito que calquer galego de pro debe levar na cabeza e no corazon unha gorra de “Biona”. “Josiño”, mirou confuso durante uns segundos onde era o mellor sitio para fuxir, sen ser visto, pero tras subir pola xesteira ali imperterrito, firme, seco, e coa mirada fixa en el, o veciño que o habia visto- “Josiño” ¿Que fas?, ¿Que tas facendo?, -agora non Luis, mira o que ven ali- di angustiado e sen ganas de dicir ni unha soa palabra- xa, xa vente paqui, que che vou a dar unha boa somanta- pera mira por alo- insistia desesperado- ¿Non tedes que facer?, que ¿andades aqui as 9 da maña?, pasade para o voso cagoen.. O luis non daba credito a voz cavernosa escoitabase con uns pasos que retumbabam como un elefante embravecido, de supeto a xesteira rota e destrozada pola entrada triunfal a finca de “Elojononstein”- ¡¡¡Ostia Pedrin¡¡¡, corre Luis, corre que nos destroza¡¡, subiron o “Pascualito” puxo quinta e direccion Villadiego, habia que salvar a vida se non desexaban en sucumbir ante semejante “pelma”.



“Elojononstein”, sentouse no rio, comendo unhas moras- tan secas, bueno hombre¡¡, joder bah¡¡¡- masticando unha mora cada dez minutos, cunha lentitude digna dunha xestion telematica, buscaba aburrido algo que criticar, que impedir, que cortar, que juzgar, algo que fixera que cumplise para que estaba programado, “pontificar”.


Durante unha hora de bufidos, de bueno hombres, de buscar petróleo no nariz, de atarse o cordon dos zapatos durante 40 horas, de contar árbores, no momento adecuado apareceu saltando como cual cervatillo unha nena de trenzas largas, (con piollos incluidos), gafas de cu de botella, falda feita con manteis de cociña vellos, e un aparato de ortodoncia que semellaban aos engranaxes dunha fresadora, -¿que andas facendo?- con voz clueca, alta, intensa, irritante, agredindo o timpano do “Ente”, que moveu a cabeza dun xeito moi similar ao da torreta dun tanque do exercito- ¿e que vou facere?- concluindo cun seco, vacio e redundante- nada-.


E señores parecía amor a primeira vista, como cando ves algo de oferta no “Mercadona”, ou se atopa un billete de 50 euros nunha acera da rua, ambos para si dixeron ou ahora ou nunca, duas personas tan toxicas, repelentes e irritantes, bueno personas non se queren mellor poderiamolos definir como “Entes” “Virus” “Bichos”, pero ali ambos sabian que eran un para o outro.


Correndo como unha gaceliña, mentres “Elojononstein” escalaba monticulos de 50 metros coma unha excavadora de Meirama, a doce rapariga comezou a lanzarlle petalos de rosa a o “Ente” el unha pedriña, ela respondeu cun toxo adobado con esterco, el replicou cunha mazorca de millo podre que atopara polo camiño e bueno acabaron pois bueno, acabaron a “ostia” limpia os xilgueiros deixaron de cantar, os esquios deixaron de masticar a suas noces, os zorros facianse os mortos, pepe que andaba cagando de campo de supeto cortouselle a dixestión, os dous abrazados nun campo cultivado de “berzas” (romantico ¿non si?), a punto de despellejarse vivos a rapariga a punto de ser zarandeada por “Lojononstein”, ela mordendolle a yugular coma unha voraz “sanguijuela”, miranrose, tusiron e probablemente se houberon de contaxiar de coronavirus, pero o odio tornou en tenrura, sabian que naceron un para o outro, tan toxicos, tan repelentes tan tan agora como narrador se me permiten tomo unha licencia literaria, moi asquerosos vamos.



-hai elojononstein- falaba ilusionada a toxica rapariga con voz de cuco, e xestos doces, ensinando a dentadura como un hiena na sabana Africana,- nos coñecemos fai 4 horas, e como se te coñecese de toda a vida- si bueno home, si- responde automaticamente o ente creado polo doutor “calderillas”- ¿sera muller? ¿non?- interrogaba con extrañeza a xoven e repunante rapariga- bueno, que mais da muller, deixao xa¡¡- ¿como que mais da?, se nin me preguntache como me chamo¡¡¡- contrarréplica que non auguraba nada bo- ¿e pa que?-

mentres comia un feito degullado na sua boca, a velocidade de vaca “frisona”- ¿non che interesa saber que son?, ¿de onde veño? e a ¿donde vamos?- Bueno para iso xa estan os documentales de Carlos Sagasta, o que quero e estar contijo- respondeu con voz cavernosa tragando o fieito a velocidades de motocultor-. Pero se lles pica a curiosidade llo conto eu que ando ben informado a rapaza escapara do sanatorio de Conxo, para ela chamala “Psicopata” era todo un halago, bueno pois agora xa o saben sigamos co conto, que xa veran vostedes que ten un final moi “jugoso”.

Coma Bonnie and Clyde entraron en diversos comercios a sustraer obxectos de valor o matasellos do Banco do pueblo, un vhs da casa dun veciño o carnet de socio do club de Petanca de Higinio, tales estropicios que as suas victimas nin se deron conta e noutros casos ata llo agradeceron por quitarlle semejantes cacharros da casa. Pero como ten a sua parte negativa, a parellica arremolada mirando o paraxe dende o encoro de “Cecebre” dandose un bico de tornillo, agarrandose fortemente para que a rapaza non lle roube a boina e el as gafas que o doutor “calderillas” o creou con miopia e estigmatismo xuntos,- “Elojononstein”- di o nome ao oido do “Ente”- si- replica tamen ao oido da rapariga- ¿ ti queresme?- ao que contesta o engendro “pelma”- pois non, muller- ela queda emocionada mirando os tornillos do seu mozo, (estaballe a punto de caerlle un, e os galvanizados son careiros)- eu tampouco¡¡- un abrazo forte e tan falso coma unha promesa electoral, uniu para sempre a estes seres valeiros, nus de todo tipo de espiritu idea o capacidade de empatia, un amor para toda a vida, snif desculpen estou emocionado.



Pero todo o mundo sabe a vida non e todo cor de rosa “Elojononstein” levantouse dun brinco de ledicia, contento amor toxico a esgalla, estaba a soltar tantas endorfinas, que parecia ser un aparello mecanico con sentimentos e corazon, dun brinco tan enorme que agrietou a presa de Cecebre inundando todo o pueblo con auga, entre as victimas de semellante “incidencia” o seu creador o doutor Calderillas que coma ultimas palabras dixo- pero hombre¡¡¡, bueno hombre¡¡¡, o vecino con outra fuga da auga de trai..glubb¡¡-.



A rapaza e o Ente fuxiron a un paraiso fiscal dirixindo un grupo de delicuentes de delitos ciberneticos cuyo slogan se non me lembro mal era “roubarlle aos ricos, para facernos nos ricos”, realmente emprendedores ¿non lles parece?.



#Galicia#Gallego#Ocio#Frankstein#Bosque#Presa#Relato#Literartura#Ultracuerpico

27 visualizaciones0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Jordi el idealista.

A las 5 de la madrugada, noche fría de borrachera y de gran nivel de alcohol en sangre, como los grandes eventos históricos, enfrente ...

Comments


Publicar: Blog2_Post
bottom of page